España é o país da Unión Europea cunha maior
porcentaxe de persoas maiores de idade con estudos universitarios en risco de
pobreza, o 10%, fronte a unha taxa de só o 2% en países como Portugal ou
Romanía, segundo un informe publicado este mércores pola oficina estatística
Eurostat.
A conclusión do estudo é que canto máis alto é o nivel educativo, máis
diminúe o risco de caer na exclusión social, algo que se observa en todos os
Estados membros da UE.Tamén no caso de España se cumpre esta premisa, xa que a taxa de risco de pobreza entre as persoas cun nivel educativo inferior se sitúa ao 26,3%, mentres que descende ao 16,9% para a poboación con estudos intermedios e ao 10% entre os universitarios.
O peculiar do caso español é o elevado risco de pobreza entre as persoas con estudos universitarios. Un de cada dez licenciados españois sofren a ameaza de exclusión social, unha porcentaxe que supera amplamente a media do 7,3% no conxunto da UE.
Entre os grandes países da UE, a porcentaxe de licenciados en risco de pobreza sitúase no 4,5% no caso de Polonia, 5,2% en Italia, 6,7% en Francia, 7,7% en Alemaña e 9,4% en Reino Unido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario