O ministro español de Educación, José Ignacio Wert, prevé endurecer para o vindeiro curso, os criterios de acceso ás bolsas e axudas ao estudo universitario. Dámoslle a palabra ás organizacións estudantís e ao alumnado.
Tres historias que poñen nome e apelidos ás consecuencias dos recortes nas bolsas universitarias. Mais tamén, ao endurecemento dos criterios de acceso ás mesmas.Milleir@s de alumn@s veranse abocad@s a devolver as axudas percibidas por non chegaren á porcentaxe de créditos aprobados exixidos polo Ministerio español de Educación. Ana Barxa, estudante de Arquitectura na UdC, é unha delas. A piques de se presentar aos exames de xullo apura as horas de estudo para evitar devolver 3.400 euros.
@s bolseir@s recoñecen que --ao contrario do que pregoa o ministro-- non poderían estudar se non fose polas axudas públicas. Moit@s xa combinan traballo e estudos para afrontar os gastos dunha vida fóra da morada familiar toda vez que recoñecen "é imposíbel aprobar" se estudas e traballas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario