Así o denunciou a CIG-Ensino após consultar a listaxe publicada pola Xunta no seu portal web. A consellaría de Jesús Vázquez autoriza e financia ciclos de FP en centros formativos privados que segregan o alumnado por sexos entrementres nega a escolas públicas os mesmos cursos.
Este é o caso do ciclo superior de Integración social que a Consellaría de Educación autorizou ao CPR Aloya (Vigo) --un centro vinculado ao Opus Dei-- após serlle negado ao IES A Chapela (Redondela)e CIFP Xunqueira (Pontevedra). A Xunta argüíu que o curso non fora adaptado á LOE polo que o seu currículo non podía ser impartido nos centros públicos que o solicitaran.No entanto, Educación autoriza e financia a súa impartición en dous centros privado-concertados de Vigo, un deles --o Aloya-- por vez primeira no curso 2013-2014.
Desde a CIG-Ensino denuncian que a aprobación destes cursos na privada non foi tratada na Mesa sectorial de Educación nin no Consello escolar decorrido o pasado 12 de xuño, malia que a web da Xunta si os recolle na listaxe provisoria publicada na web --non así no DOG.
Para a central nacionalista a actitude da Xunta é "descaradamente parcial e impresentábel" e censura que a administración galega desvíe "diñeiro público a centros concertados retrógrados" para cursar estudos que se lle negan á escola pública, sendo, aliás, maior o número de prazas a disposición do alumnado na privado-concertada para este ciclo, que na pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario