mércores, 31 de xullo de 2013

No curso 2013-2014 o gasto dun escolar nun centro público será de 1.268 euros de media

O gasto medio por alumno nun centro de ensino público será de 1.268 euros o próximo curso 2013-2014, segundo un estudo da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), que indica tamén que este gasto será de 2.386 euros para os que estuden en centros concertados e dunha media de 5.232 euros anuais aos que acudan a un centro escolar privado.
Así, a organización destacou a "gran diferenza" de gasto que separa os que estudan en centro públicos, para quen o desembolso mensual incluíndo cota escolar, comedor, extraescolares, ruta e excursións sería dunha media de 109 euros ao mes, e os privados, aos cales estas partidas lles supoñen 527 euros mensuais de media.
Os que estudan en centros concertados, á súa vez, realizan un gasto medio cada mes de 209 euros, segundo indican os resultados da investigación, que se levou a cabo a partir das enquisas realizadas a un total de 1.000 familias españolas.
Aos gastos mensuais, habería que sumarlle o custo dos libros de texto, uniformes, material escolar, gastos de matrícula asociacións de pais, clubs deportivos asociados ao centro e outras partidas frecuentes entre as familias con fillos en idade escolar. Segundo a OCU, estes gastos poden supoñer dunha partida adicional para as familias de 500 euros ao ano para os que estudan en centros privados ou concertados e de 329 euros no caso dos que estudan en colexios ou institutos públicos


Ningún comentario:

Publicar un comentario