O pasado xoves presentouse na Biblioteca Ánxel Casal o volume número
XXVI dos Cadernos Ramón Piñeiro, unha homenaxe á autora dos "Cantares
gallegos" no 150.º aniversario da súa publicación, que leva por título
"Rosalía na cobiza do lonxe".
Este volume dos Cadernos Ramón
Piñeiro -coordinado polos profesores Xosé Luís Cochón, Luís Alonso
Girgado e mais por Lorena Domínguez- é un conxunto de catorce
colaboracións de especialistas na obra de Rosalía de Castro precedidas
dun fermoso texto de Álvaro Cunqueiro.
Ana Acuña, Carmen Blanco,
Luís Cochón, José Ángel García, María Pilar García Negro, Anxo González
Fernández, Arcadio López Casanova, Xurxo Martínez González, Marina
Mayoral, Armando Requeixo, Manuel Rodríguez Alonso, Claudio Rodríguez
Fer e Andrés Torres Queiruga analizan aspectos diversos da poesía, da
biografía, do contexto cultural, das relacións con outros escritores
etc. Deste xeito, a diversidade de enfoques e de motivos danlle
amenidade e interese a esta colectánea rosaliana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario