xoves, 7 de xullo de 2016

Un novo libro avalía as novidades no ensino galego nos últimos anos

O volume de Galaxia é froito da colaboración entre investigadoras e investigadores das tres universidades galegas.

Xa está nas librerías galegas un ambicioso ensaio sobre as novidades no mundo do ensino. Trátase dunha edición de Miguel Anxo Santos Rego publicada por Galaxia baixo o título A Investigación Educativa en Galicia 2002-2014.
Segundo a editorial, trátaxe dun "estudo exhaustivo que pon sobre a mesa unha análise comprometida da realidade profesional e social no eido educativo en Galicia".
Este volume é a continuación doutro libro de análise realizada da etapa comprendida entre os anos 1989 e 2001, o que permite ter en conta neste novo estudo os cambios sociais e os seus efectos sobre os centros e ámbitos educativos.
O volume ten unha perspectiva interdisciplinar e tendo en conta todas as variables que afectan ao terreo educativo e que son relevantes para definir o contexto no que os docentes traballan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario