La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso e El Diario de Pontevedra son os agraciados nesta nova campaña publicitaria. En total, o goberno de Feijóo leva repartidos xa máis de 8 millóns de euros.
Desta volta os beneficiados son La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra, estes dous pertencentes ao mesmo grupo. Quedan excluídas destas axudas o grupo La Región, o xornal de referencia de Ourense, así como o Grupo La Capital (Diario de Ferrol, El Ideal Gallego e Diario de Arousa) ou El Correo Gallego. Estes medios teñen un mes e sete días para realizar a campaña.
Novamente, La Voz de Galicia é quen máis recibe, máis da metade dos cartos, 85.000 euros (sen IVE) van para que este medio realice publicidade da Axencia Tributaria Galega para a provincia da Coruña e as cidades de Ferrol, Santiago e A Coruña.
O mesmo terá que facer o Faro de Vigo na provincia de Pontevedra e cidade de Vigo, para o que recibirá 34.000 euros (Sen IVE), e outro tanto El Progreso en Lugo por outros 34.000 euros (Sen IVE). Pola súa banda, Diario de Pontevedra terá que publicalo para a capital provincial.
NO que vai de ano, e sen contar aínda todos os convenios, a Xunta leva repartidos xa máis de oito millóns de euros entre os grandes medios de comunicación en materia de publicidade e propaganda. A última adxudicación que se coñece foron as que as consellerías de Economía e Medio Ambiente destinaron no primeiro cuadrimestre do ano, case 770.000 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario