A Xunta incorpora a optativa en primeiro e segundo de Secundaria. Terá unha hora semanal de carga lectiva.
O goberno galego anunciou a incorporación
dunha materia de libre configuración arredor da igualdade de xénero nos
primeiros cursos da ESO. Así o anunciou o vicepresidente da Xunta,
Alfonso Rueda, acompañado da secretaria xeral de Igualdade, Susana López
Abella e do conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
Trátase dunha materia que posuirá unha carga lectiva dunha hora semanal e comezará a implantarse --nalques centros en que sexa solicitada-- o curso 2016-2017.
Con esta decisión Galiza tórnase no segundo territorio do Estado español no que se oferta unha materia destas características. Con ela, desde o executivo galego visan desenvolver un labor de "concienciación" das xeracións máis novas que se suma, din, ao "tratamento transversal" que esta a igualdade de xénero posúe nos currículos académicos de Primaria, ESO e Bacharelato.
Feminismo nas aulas
A finais de 2015 o Instituto Fitzroy en Melbourne (Australia) incorporou o Feminismo como materia no seu currículo escolar. Fíxoo após a campaña impulsada por un grupo de alumnas e a profesora Briony O’ Keefee. Baixo o lema Fightback (Contraataque) promoveron en 2013 un grupo de lectura, inicialmente, e logo unha asignatura arredor do material creado pola propia O'Keefee: Fightback, enfrontando o sexismo diariamente nas escolas australianas, segundo informou a BBC.
Trátase dunha materia estruturada en tres módulos arredor dos que afondar en cuestións como a violencia machista, a imaxe das mulleres nos medios de comunicación ou a desacreditación de estereotipos que pairan sobre as mulleres para alén de analizar a fenda salarial entre mulleres e homes ou o papel das mulleres no deporte. O seu obxectivo é agora ampliar a materia ao conxunto do ensino regrado australiano.
A idea partiu dunha experiencia anterior promovida pola canadense Dorthy G. que reclamaba a implementación do feminismo como asignatura nas aulas partindo da idea de que a violencia contra as mulleres é un problema global e que existe un fondo descoñecemento sobre o movemento feminista e a súa historia.
Na Galiza tamén se desenvolveu un proxecto semellante durante o curso que vén de rematar. Estudantes do IES Ponte Caldelas iniciaron unha recollida de sinaturas para reclamar á Consellaría de Educación a introdución a Historia do Feminismo no currículo escolar así como as mulleres en todos os campos de coñecemento. "As mulleres sempre contribuíron ao progreso das ideas, das ciencias, da tecnoloxía e as artes en todas as épocas", sinalaban. Porén, "existe un grave desleixo na revisión dos programas académicos do ensino" ao se agochar a metade da Historia da Humanidade, tanto da que xa pasou, como da que está a suceder agora mesmo".

A materia contará cunha hora semanal en horario lectivo e será optativa en 1º e 2º da ESOSegundo explicaron, o contido da mesma foi elaborado por persoal técnico de Educación e estará estruturada en catro bloques nos que se inclúe o tratamento de conceptos como "igualdade e xénero, relacións de convivencia e afectividade, a historia da discriminación das mulleres en todos os ámbitos e a violencia machista como consecuencia desa discriminación", entre outras cuestións.
Con esta decisión Galiza tórnase no segundo territorio do Estado español no que se oferta unha materia destas características. Con ela, desde o executivo galego visan desenvolver un labor de "concienciación" das xeracións máis novas que se suma, din, ao "tratamento transversal" que esta a igualdade de xénero posúe nos currículos académicos de Primaria, ESO e Bacharelato.
Feminismo nas aulas
A finais de 2015 o Instituto Fitzroy en Melbourne (Australia) incorporou o Feminismo como materia no seu currículo escolar. Fíxoo após a campaña impulsada por un grupo de alumnas e a profesora Briony O’ Keefee. Baixo o lema Fightback (Contraataque) promoveron en 2013 un grupo de lectura, inicialmente, e logo unha asignatura arredor do material creado pola propia O'Keefee: Fightback, enfrontando o sexismo diariamente nas escolas australianas, segundo informou a BBC.
Trátase dunha materia estruturada en tres módulos arredor dos que afondar en cuestións como a violencia machista, a imaxe das mulleres nos medios de comunicación ou a desacreditación de estereotipos que pairan sobre as mulleres para alén de analizar a fenda salarial entre mulleres e homes ou o papel das mulleres no deporte. O seu obxectivo é agora ampliar a materia ao conxunto do ensino regrado australiano.
A idea partiu dunha experiencia anterior promovida pola canadense Dorthy G. que reclamaba a implementación do feminismo como asignatura nas aulas partindo da idea de que a violencia contra as mulleres é un problema global e que existe un fondo descoñecemento sobre o movemento feminista e a súa historia.
Na Galiza tamén se desenvolveu un proxecto semellante durante o curso que vén de rematar. Estudantes do IES Ponte Caldelas iniciaron unha recollida de sinaturas para reclamar á Consellaría de Educación a introdución a Historia do Feminismo no currículo escolar así como as mulleres en todos os campos de coñecemento. "As mulleres sempre contribuíron ao progreso das ideas, das ciencias, da tecnoloxía e as artes en todas as épocas", sinalaban. Porén, "existe un grave desleixo na revisión dos programas académicos do ensino" ao se agochar a metade da Historia da Humanidade, tanto da que xa pasou, como da que está a suceder agora mesmo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario