Son 4.400 máis que hai un ano e un 91% máis que en 2009.
Na Galiza hai 37.700 fogares sen ingresos.
Fogares que non contan con ningún tipo de ingresos. Nin por traballo,
nin por prestación, nin axudas... É a cifra máis alta da serie histórica
analizada co comezo da crise, duplica os existentes en 2010. Naquel ano
estaban sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares. .
Durante 2011, 2012 e 2013 o número de familias nesa situación foi aumentando paulatinamente, chegando a 35.100 fogares en 2013. Comezou a descender en 2014 (34.300 familias), mais en 2015 volveu haber incremento, rexistándose 35.500 a mediados dese ano. O paro de longa duración e a fin das prestacións por desemprego, o esgotamento das axudas..... son varios os factores para explicar estes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso.
Familias con todos os membros activos no paro
A Enquisa de poboación activa (EPA) recolle que no segundo trimestre de 2016 había na Galiza 37.700 fogares nesa situación. Ademais, lembra o sindicato CIG, hai un total de 75.700 familias que teñen a todos os seus membros activos no paro.
Para a UGT, a preocupación por estas cifras aumenta aínda máis de se comparar coas que se rexitraban en 2009. “Constátase que o número de vivendas nas que todos os activos están no paro medran en Galiza nun 69 por cento e as referidas ás que xa non teñen perceptores de ingresos nun 91,4 por cento”. CCOO, de por parte, lembra que eses 37.700 fogares sen prestacións son 4.400 mais que en 2015.

Ningún comentario:
Publicar un comentario