Economistas, investigadores e empresarios
convocados polo Foro económico de Galiza debateron sobre a necesidade de
mudar o modelo económico do rural.
Un total de 25 economistas,
investigadores e empresarios tomaron parte na xornada convocada polo
Foro económico de Galiza (FEG) sobre o rural galego e a necesidade
doutro modelo económico. Tratábase de propoñer solucións para o rural
galego, que representa o 75% do territorio pero só conta co 25% da
poboación e menos do 20% do PIB. “O rural xa non é principalmente
agrario, mais aínda non é outra cousa” resumiu Edelmiro López Iglesias,
economista do Foro Económico de Galiza e un dos coordenadores da
xornada. O FEG aponta que, segundo os datos, só a cuarta parte dos
habitantes do rural galego teñen a agricultura como actividade
principal.
As propostas do Foro Económico de Galiza para reverter o declínio do rural galego inciden en tres aspectos: os habitantes, as terras e as demandas actuais da sociedade e que se concretan en seis puntos: Medidas lexislativa que permita resolver o uso das terras entre propietarios de terras, residentes no rural e non residentes (empresas), reorientación do modelo produtivo das explotacións agrarias, desenvolvemento das industrias agroalimentarias, a través de políticas públicas máis selectivas, introducir apoio económico á explotación forestal, diversificación produtiva e apoio aos novos emprendementos no medio rural e creación dunha rede de infraestruturas de usos múltiplos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario