O profesor iniciou unha espiral de comentarios machistas para xustificarse por dicir que lle distraía o escote dunha alumna.
“Distráeme o ruído de bolígrafos e o escote de María”. O profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Luciano Méndez introduciuse o curso pasado nunha espiral de comentarios sexistas que finalizaron coa ameaza dunha labazada á alumna que o denunciou. Tras case medio ano de investigación, a USC sancionou agora ao docente cunha suspensión de emprego e soldo de dous meses. O anuncio prodúcese un día antes de que o Consello de Goberno da USC debata un protocolo de prevención do acoso sexual e de identidade de xénero que regulará a actuación institucional ante estes actos.A estudante cuxo escote distraía a Méndez, María Fungueiro, presentou o pasado febreiro unha queixa formal no decanato apoiada por outros cinco alumnos e o profesor optou por defenderse cunha detallada exposición do seu punto de vista sobre o vestiario adecuado co que as alumnas universitarias deben acudir a clases.
Ao día seguinte de facerse pública a denuncia, Méndez distribuíu un comunicado insistindo na súa postura. “Hai vestimentas que considero absolutamente inapropiadas para asistir a unha clase de matemáticas”. “Ou cambiamos as regras de xogo, ou se modifican os patróns sexuais nos que somos educados; se non, a min vai seguir alterándome un escote excesivo”, insistiu. O profesor desculpábase con todo nese comunicade coa alumna por ameazala cunha labazada. Precisaba que reaccionara así ao comentario da estudante “non porque me chamase machista, senón porque me chamou en clase machista asqueroso”.
O día que se fixo pública a apertura do expediente disciplinario ao profesor pola USC, un grupo de estudantes do máster de Xénero e Igualdade acudiron á clase de Méndez e que quitaron as camiseras mostrando os seus peitos nos que escribiran frases como “Noxo e vergoña na USC” ou “Antes frívola que machista”. Un dos alumnos mostraba no seu torso a pintada “¿A miña pel masculina non che gusta?”. Segundo o testemuño dos estudantes o profesor reaccionou manifestando ao mozo que prefería “mirar as tetas” das súas compañeiras e a estas indicoulles que as pintadas sobre a súa pel impedían que lucisen as súas “virtudes femininas”. Méndez precisou máis tarde que realizara os comentarios en ton humorístico.
O docente non se arredró. Co expediente disciplinario en marcha, continuou insistindo no tipo de vestiario que deben levar as mulleres ás súas clases. Para negar a actitude sexista da que estaba a ser acusado, Méndez publicou un artigo no que precisaba: “Non son sexista; dáme igual que sexa home ou muller o que se exhibe, a única diferenza é que a min distráeme máis a pel feminina que a masculina”. Xunto a iso, explicaba a complexidade da testosterona: “É unha hormona complicada; pode ser unha aliada que estimule e motive pero pode ser tamén o peor dos inimigos que faga ao home vulnerable e débil”. O seu texto continuaba alertando de que controlar a testosterona en beneficio propio “é labor de toda unha vida”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario