O Goberno galego leva no que vai de ano destinados case oito millóns de euros en convenios publicitados. La Voz recibe máis da metade deses cartos, dos que 150.000 euros son Medio Ambiente por un suplemento colocado no xornal.
E, como acontece con estes cartos, o medio máis beneficiado é La Voz de Galicia, seguida de Faro de Vigo. Así, No DOG do 21 de xuño, publícanse os convenios da Consellaría de Medio Ambiente durante o primeiro cuadrimestre deste ano. Destacan entre estes, dez convenios de "colaboración" coa prensa galega, por valor total de 350.000€. E entre eles, cun total de 244.740 €, leva o primeiro premio La Voz de Galicia S.A., sendo segundo Faro de Vigo, S.L.U.,a moita distancia, con 43.480,00 €
O diñeiro é para "actuacións divulgativas e informativas, onde aparezan destacadas aquelas estratexias ou iniciativas relacionadas co urbanismo responsable, a ordenación do territorio e as novidades que supón a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para a protección e coidado do litoral e a paisaxe galega, e que contribúan á información e sensibilidade da cidadanía galega". Nestas actuacións gaña La Voz con 14 actuacións publicitarias por valor de 94.740,00 €, seguido polo Faro con 5 actuacións por 43.480,00 €, máis caras en proporción.
Tamén, La Voz de Galicia, S.A. asinou outro convenio para "Colaborar na elaboración, maquetación, publicación, divulgación e difusión dun suplemento mensual de información relacionada con temas de ambiente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio" por 150.000€.
Cig-Autonómica tamén informa de que no DOG do 22 de xuño a Consellaría do Mar volve ao clásico do convenio coa Televisión de Galicia, S.A., desta volta coa cantidade de "até un máximo de 100.000€" .
315.000 euros de Economía
Pola súa banda, Consellaría de Economía, Emprego e Industria, licitou tamén 314.900€ para campañas publicitarias. A listaxe destes convenios publícase no DOG do 4 de xullo entre a totalidade dos convenios subscritos por esta consellaría no primeiro cuadrimestre do ano.
De entre os premiados destaca La Voz de Galicia S.A. con case a metade de toda a cantidade, con 149.990,44 €. Logo, Faro de Vigo, S.L.U. coa menos da metade de asignación do primeiro, con 68.468,10 €. Pecha El Progreso de Lugo, S.L., a moita maior distancia, con 25.842,05 €.
O obxecto é "elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía".
Estas subvencións aos medios prodúcense nun ano dobremente electoral e a Xunta multiplica as axudas aos medios de comunicación. No que levamos de ano xa son oito millóns de diñeiro público que o Goberno galego destinou a convenios publicitarios. Uns cartos aos que se lle sumaron nas últimas semanas máis de 2,3 millóns nunha nova campaña de Turismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario