martes, 5 de abril de 2016

O Campus Terra forma estudantes e docentes na recuperación de solos degradados

O Campus Terra da USC forma a estudantes e investigadores europeos na restauración e recuperación de solos de zonas degradados (incendios, dunas, contaminación, áreas húmidas…) a través dun curso intensivo de dúas semanas de duración e incluído no proxecto europeo Landcare (Land degradation and rehabilitation in mediterranean environments enhancing rural development and young employability). Neste programa, que conta con 265.000 euros de financiamento da UE a través do programa ERASMUS +KA203 – Strategic Partnerships for higher education), participan catro universidades e outras tantas empresas de Portugal, Italia, Grecia e España.
O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro; o profesor da USC e coordinador do proxecto Landcare, Agustín Merino, e o director da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Tomás Cuesta, ofreceron este luns unha recepción aos 16 estudantes e profesores de Portugal, Italia, Grecia y España que tomarán parte no neste curso intensivo sobre restauración de zonas degradadas e que se prolongará durante 15 días.
Este seminario específico de carácter intensivo intensivo, en cuxa docencia participan profesores e investigadores dos departamentos de Edafoloxía e Química Agrícola e de Botánica da USC, ademais de técnicos das áreas de Orientación Laboral, Emprendemento e do Centro de Estudos de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), inclúe saídas ao campo, ademais de sesións prácticas que se desenvolven en laboratorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario