martes, 1 de marzo de 2016

O rural quere xente

Estamos a organizar o encontro de inverno no lugar de Xixirín, no concello coruñés d'Arzúa. Como inda queda un tempo por diante, van unhas liñas principais do programa provisional...
 
Venres 11: pola tarde: chegada, organización e pequena tertulia.
Sábado 12: durante a mañá e a tarde faremos balance e discusión sobre o traballo feito en diferentes áreas: as outras escolas (escola galega en transición), á procura doutras relacións económicas (rede de mercados e feiras agroecolóxicas) e nas resistencias e alternativas ao heteropatriarcado (queer e roles de xénero no mundo rural), xa na noitiña, foliada e festa.
Domingo 13: pola mañá, organización do encontro de verán.
Participa apuntándote no seguinte formulario, cuberta a inscrición, enviarémosche máis detalles como a localización e información útil (partillar coche, reglas de convivencia ou o reparto de tarefas). Cada persoa participante aporta 5 euros para sufragar gastos e ademais é habitual traer da casa produtos de horta para compartir. Nesta liña de foro podes participar na organización ou facer as consultas que che xurdan. 
 
Anda pendente, pronto teremos máis novidades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario