Segundo reflicte o Observatorio da Consello da Cultura Galega, “o interese por afeccións especializadas ten pouco arraigo no país fronte á preferencia pola sociabilidade e polo consumo de medios convencionais”.
Como lembraremos, estes datos foron extraidos da enquisa Ocio e hábitos culturais do Instituto Galego de Estatística para o Período 2006-2014 (sobre estas cifras o Observatorio da Cultura do CCG desenvolveu o informe Ocio e hábitos culturais II).
Volvendo
á información concreta achegada polo estudo, cómpre lembrar que as
devanditas porcentaxes refírense exclusivamente a adicacións
preferentes. Segundo lembra e advirte o dito departamento do Consello
da Cultura Galega, “se
observamos aqueloutros datos que amosan a que dedicamos o tempo
libre, a recoller tanto as actividades preferidas como outras, temos
un reparto moito máis equilibrado de intereses”. Aí, de novo as
relacións sociais e o consumo de medios mantéñense á cabeza das
prácticas, aínda que mudan a súa posición. “Así, segundo este
índice é máis común o consumo de medios e de lectura, practicados
en conxunto por un 99,7% de galegos e galegas, do que as relacións
sociais, coas que ocupan parte do seu tempo de lecer o 95,8% da
poboación , as actividades familiares (84,5%) ou o ver amigos
(82,7%)”, explícase.
Sexa como sexa, a importancia meirande da
sociabilidade como práctica de lecer fica clara tamén neste
epígrafe. En conxunto sete das dez actividades máis habituais entre
a poboación fan parte dos epígrafes "relacións sociais"
e "audiovisuais e lectura", e as catro primeiras que máis
se realizan son deste tipo. A un nivel concreto, punto, por punto, o
panorama de cousas que facemos e compaxinamos ficaría deste xeito: o
99,3% vemos a TV, o 84,% levamos a cabo actividades coa familia, o
83,94% escoitamos música e vemos filmes e series, o 82,68% saímos e
alternamos cos amigos, o 71,19% facemos deporte ao aire libre, o
67,67% imos a locais hostaleiros (bares, discotecas, restaurantes), o
57,74% navegamos pola Rede, o 53% lemos, o 38,68% adicámonos á
horta e aos animais, o 36,43% xogamos xogos tradicionais, o 20,2%
tamén facemos manualidades e o 17,7% incluímos igualmente a opción
dos videoxogos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario