luns, 21 de marzo de 2016

Os Encontros para a Normalización Lingüística abordarán os recursos dixitais para a promoción do galego

Dende 1998 o Consello da Cultura Galega organiza anualmente os Encontros para a Normalización Lingüística, un simposio no que de xeito participativo foron abordándose, dende múltiples perspectivas, cuestión teóricas, prácticas e estratéxicas relacionadas cos procesos e as políticas de normalización das linguas, co foco posto na extensión do uso social da lingua galega, e continuando na mesma liña celebrarán a súa XVIII edición os días 14 e 15 de abril na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela, para a que xa está aberta a súa inscrición de balde (precisa polas limitacións de aforo).
Desta volta o encontro vai analizar os comportamentos públicos da mocidade dun xeito moi amplo, sen esquecer os recursos dixitais xerados para a promoción do uso do galego. De xeito complementario vaise ofrecer unha mostra de recursos seleccionados segundo criterios de relevancia, actualidade e accesibilidade, o que permitirá comprobar o valor da iniciativa institucional e asociativa ao redor da normalización lingüística.
Tras a experiencia positiva do ano pasado, nesta edición dos Encontros vai empregarse Facebook como ferramenta de dinamización e grande utilidade, para o que organizáronse dous grupos nos que poder opinar, debater, realizar preguntas ou expor suxestións sobre a temática dos Encontros. Temos así un grupo que aborda a temática de mocidade e lingua, e outro que se centra nos recursos para a normalización.
As actividades desta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística distribuiranse seguindo o seguinte programa:

Xoves, 14 de abril

Sesión da tarde
16:00 horas - Inauguración
16:30 horas - CONDUTAS LINGÜÍSTICAS: QUE MOVE A NOSA MOCIDADE? - Presenta: Conchi Cochón
Actitudes e conduta lingüística - Miguel Pérez Pereira. Psicoloxía evolutiva e da educación. Universidade de Santiago de Compostela
A muda lingüística: motivacións, identidades e ideoloxías - Fernando Ramallo. Lingüística xeral. Universidade de Vigo
18:00 horas - Pausa
18:30 horas - O comportamento lingüístico da mocidade: un debate cos protagonistas - Coordina: Luís Cuntín
20:00 horas. Peche da sesión

Venres, 15 de abril

Sesión da mañá
10:00 horas - RECURSOS DIXITAIS: AS SÚAS POTENCIALIDADES, AS SÚAS LIMITACIÓNS - Presenta: Manuel Bermúdez
10:15 horas - A era dixital: oportunidades para o galego - Eduardo Rodríguez Banga. Teoría do sinal e comunicacións. Universidade de Vigo
10:45 horas - Avaliación de recursos para a normalización lingüística: as tecnoloxías e os recursos lingüísticos - Presenta: Rosario Pérez Magdalena
Marcus Fernández. webmaster de Código Cero
Xusto Rodríguez. Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela
12:15 horas - Pausa
12:45 horas - FAMILIA E ESCOLA: SEMENTES DE LINGUA - Presenta: Valentina Formoso
Estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar - Anik Nandi. Doutorando. Heriot-Watt University, Edimburgo / Instituto da Lingua Galega
A política lingüística no ensino: o papel dos docentes e ENDL - Marta Gómez Ocampo. Doutoranda. Universidade de Santiago de Compostela
14:00 horas. Peche da sesión
Sesión de tarde
16:00 horas - O COMPORTAMENTO LINGÜÍSTICO DA MOCIDADE - Presenta: Rosario Álvarez
Håkan Casares. Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega
Xaquín Loredo. Seminario de Sociolingüística. Real Academia Galega
Luís Cuntín. Investigador social
18:00 horas - Pausa
18:30 horas - Usos e actitudes lingüísticas en contextos bilingües: potencialidades e limitacións do Sistema educativo
Cecilio Lapresta. Socioloxía. Universitat de Lleida - Presenta: Gregorio Ferreiro Fente
19:30 horas - Xente normal - María Lado e Lucía Aldao
20:00 horas - Conclusións e clausura

Ningún comentario:

Publicar un comentario