A
Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades
(USC) vén de convocar a primeira edición do Concurso
de microrrelatos en galego a través de Facebook
(formato PDF),
un certame literario-internauta dirixido a todo o alumnado dos dous
campus composteláns. Segundo nos contan os organizadores, os
minicontos
deberán ter como tema fundamental ou eixe temático “o feito de
contar”. Ademais, a extensión máxima será de 100 palabras.
Presentaranse no perfil de Facebook da Facultade
de Humanidades do 1 de marzo ao 1 de abril de 2016 xunto co
cancelo #MicrorrelatosHumanidades2016.
Un
xurado decidirá o premio de 200 euros e o público outro de 100 (o
que máis gústame
acade dos seareiros da rede social até as 14.00 horas do día 8 de
abril).
O
obxectivo deste concurso, segundo informan os seus impulsores, é
“promover o uso do galego como vehículo para a creatividade dos
estudantes da USC, co apoio das novas tecnoloxías, amais de fomentar
os dotes literarios do alumnado”. Ao rematar o prazo de
presentación, a Facultade fará pública a relación dos títulos
admitidos/as no concurso, a composición do xurado do certame, así
como calquera outro extremo que xulgue de relevo, nos taboleiros do
centro, no muro do Facebook da Facultade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario