luns, 7 de marzo de 2016

Confapa constituíu onte en Lalín a súa nova xunta directiva

O colectivo galego celebrou por primeira vez na capital dezana unha asemblea e degustou un cocido.

Onte era a primeira vez que Confapa celebraba unha reunión da directiva en Lalín pero non será a última. A ela acudiron representantes de asociacións de pais e das federacións de ANPAS de toda Galicia. A presidenta do colectivo, Elena Gómez, agradeceu a colaboración do Concello de Lalín e sinalou que repetirían a elección da vila como escenario de máis reunións «porque estivemos moi a gusto e por situación xeográfica, Lalín lle queda ben a todo o mundo, en canto a distancias». A asemblea de onte levaba como único punto da orde do día a renovación dalgúns cargos directivos con substitución no de tesoureira e de dous vogais, un en Ourense e outro en Pontevedra. Falouse de si a Lomce pode afectar a segundo de BAC e das posibles consecuencias da reválida de sexto. Gómez indicou que «o conselleiro di que non, pero na Lomce se contempla que si, lle mandamos unha carta, pero aínda non tivemos resposta». Na reunión aproveitouse para falar doutras cuestións como os comedores escolares, da repartición de material escolar procedente de doazóns da Caixa con quen Confapa ten un convenio de colaboración e da celebración o próximo fin de semana dunha asemblea de confederacións de asociacións de pais e nais en Madrid á que acudirá unha representación da galega. Nela falarase do certificado de penais que se pedirá a toda a xente que a partir de agora traballe con nenos e aos que a confederación ve algunhas lagoas ou problemas en canto á caducidade do certificado e á aplicación da lei de protección de datos. Tras a reunión en Lalín os participantes visitaron a Casa do Patrón e degustaron un cocido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario