A presentación terá lugar o mércores
9 de marzo ás 18:00 na sede do sindicato STEG na Avd. de Coimbra, 15,
baixo, Santiago de Compostela.
A
edición deste ano leva por título “Creadoras de Ciencia”, xa que o
calendario está dedicado á visibilización de mulleres biotecnólogas,
oncólogas, inventoras, biólogas, químicas, físicas, matemáticas,médicas,
farmacéuticas... Unha ampla proposta que pretende paliar o déficit de
representación que padecen as mulleres científicas no sistema educativo,
o que sen dúbida contribúe a reproducir os estereotipos de xénero e
perpetúa a brecha de xénero na escolla de estudos post-obrigatorios.
Enlace ao calendario : http://www.steg.gal/muller/contidos.asp?cid=18&ssid=121
Ningún comentario:
Publicar un comentario