mércores, 9 de marzo de 2016

Movemento Dezao pide a Educación que aclare o futuro da Lomce

A agrupación elixiu onte a Miguel Ángel Muñoz representante do colectivo no Consello municipal.

O Movemento Dezao celebrou onte no instituto Laxeiro de Lalín a súa asemblea anual. Un encontro de trámite no que levou a cabo a elección do presidente, Miguel Ángel Muñoz como representante do colectivo no Consello Municipal de Educación. O colectivo aproveitou para abordar algunhas cuestións que trasladaron xa o sábado a Confapa. Unha delas é a situación da Lomce. O Movemento Dezao insta á Consellería de Educación a que clarifique o futuro da Lomce en segundo de BAC e que vai pasar coa reválida de sexto deste ano. Queren saber, no caso do sexto, si as probas van pesar ou non no expediente académico dos alumnos.
Úrxelles sobre todo saber que vai pasar con segundo de BAC. Defenden de que aínda que o goberno do Estado estea en funcións e a situación non acabe de clarificarse, as comunidades, neste caso a Xunta, teñen a capacidade de decidir. Recordan que os profesores teñen que saber xa que vai pasar para preparar as materias e solicitar os manuais de cara ao seguinte curso. Consideran que o tempo aprema e que a estas alturas este asunto xa tería que estar resolto. O presidente do Movemento Dezao, Miguel Ángel Muñoz, sinalaba onte que «cabe a posibilidade de que algúns alumnos fagan primeiro de BAC pola Lomce e segundo pola LOE». Recordan que as materias optativas cambian dun a outro sistema e, sobre todo, queren saber que pasará co selectivo.
Por outra banda, desde o Movemento valoraron moi positivamente o arranque do Consello Municipal de Educación. Explican que nel o Movemento Dezao ten un lugar como membro do mesmo significan que as previsións do Concello de Lalín é que estea en marcha antes de final de ano. De momento xa se celebrou algunha reunión coa edil de Educación, Lara Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario