Vinte artistas convidados á cuarta edición deste evento de narración oral que se celebrará en Compostela do 12 ao 17 de marzo.
O Festival Atlántica de Narración Oral chega á
súa cuarta edición cun programa cargado de historias e novidades.
Bares, teatros e entidades de Compostela encheranse de historias entre o
sábado 12 e o xoves 17 de marzo, cunha diversa participación de
contadores profesionais latinoamericanos (Cuba, Perú, Colombia) e unha
nutrida representación portuguesa (Lisboa, Azores e Tras-os-Montes). Con
vinte artistas convidados, Santiago de Compostela converterase en marzo
na capital da palabra a nivel galego e estatal.
Este ano o Festival Atlántica contará con algunhas dos narradores máis importantes do mundo das linguas galea, portuguesa e española. Deste xeito, a amazónica Cucha del Águila (Perú) traeranos o seu traballo comprometido coas mulleres da selva e a ameazada ecoloxía do bosque ecuatorial. A colombiana Carolina Rueda, considerada unha das mellores contadoras do mundo pola crítica e os profesionais, amosaranos o seu amplo repertorio e o cubano Aldo Méndez dará conta da fusión entre a palabra e as outras grandes artes.
Xunto a estes tres narradores latinoamericanos, Atlántica 2016 prestará atención este ano a Portugal a partir da presenza de Vítor Fernándes (Tras-os-montes), Ana Sofia Paiva (Lisboa) e Valter Peres (Azores), do resto do Estado, como Marián Colina (Madrid) e unha ampla presenza galega, encabezada por Quico Cadaval e que conta con Caxoto, Celso Fernández Sanmartín, Paula Carballeira, Ángeles Goás, Avelino González, Fátima Iglesia Villamel, Cándido Pazó, Charo Pita, Raquel Queizás, Vero Rilo e Gema Santos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario