Vinte e un mil galegos de menos de 34 anos
regresaron a casa dos seus pais no último ano por falta de oportunidades
laborais -Pagar un aluguer supón a metade do seu soldo.
Ante a falta de traballo e a
precarización dos novos contratos laborais, cada vez son menos os mozos
galegos que abandonan o niño familiar. Só o 17,8 por cento
independizouse, unha cifra que ademais van en descenso. No último ano a
poboación de menos de 30 anos emancipada na comunidade galega reduciuse
dos 73.290 que había a mediados de 2014 a só 60.223 no primeiro semestre
de 2015. É dicir uns 13.000 galegos de entre 16 e 29 anos víronse
forzados a regresar a casa dos seus pais, aos que se suman oito mil de
entre 30 e 34 anos. Así o recolle o Observatorio da Emancipación que
publica o Consello da Mocidade de España, que advirte que Galicia é a
segunda autonomía con menos poboación emancipada, só por detras da
Rioxa. E a razón, segundo esgrimen, é "a escasa participación das
persoas novas no mercado laboral e o incremento da temporalidade, moi
superior ao conxunto de España".
En España viven emancipados o
20,8 por cento dos mozos de menos de 30 anos. Galicia está por baixo
desa porcentaxe. Só o 17,8 por cento independizouse, unha taxa que un
ano antes elevábase ao 21 por cento. É dicir, algo máis de 278.000 viven
cos seus pais. A emancipación xuvenil vai en retroceso. Nun ano o
número de mozos que vive pola súa conta caeu un 17,8 por cento.
Pero
mesmo entre os de maior idade, comprendidos entre os 30 e 34 anos, as
cifras non melloran. Case 65.000 destes treinteañeros viven aínda cos
seus pais. Independizáronse 112.527, cando un ano antes o número
ascendía a 120.614. É dicir, uns 8.000 tiveron que regresar ao fogar
familiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario