Mañá
comeza o mes de marzo e con el a posibilidade de asistir a
30 obradoiros encamiñados a autónomos e PEME, actividades
organizadas pola Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0,
a rede provincial de centros atendidos por técnicos especializados
en novas tecnoloxías da información. Estes obradoiros levaranse a
cabo nos seis centros cos que conta o CPAE 2.0, situados en: Lalín,
Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño e neles
trataranse temas como a interpretación de datos de Google Analytics,
o funcionamento de LinkedIn, a inserción de publicidade en Facebook
ou a elaboración de mostrarios virtuais.
O Centro Provincial de
Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) é unha rede de puntos
comarcais que lles emprestan servizos presenciais de información e
asesoramento sobre as TIC a autónomos e microPEME.
Segundo a Deputación,
CPAE 20 é “un servizo de información a PEME da provincia de
Pontevedra que ten por obxectivo potenciar o desenvolvemento
económico a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade,
introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio
electrónico e impulsar a venda en liña”.
Volvendo
aos obradoiros, dicir que teñen unha duración media de dúas horas
e a inscrición pode facerse a través do teléfono 886 202 020 ou da web do CPAE 2.0.
Ningún comentario:
Publicar un comentario