luns, 11 de xaneiro de 2016

«Queremos que non se pechen aulas e se recuperen as perdidas este curso»

Rogelio Carballo leva á fronte da Federación de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (Fanpa) dende o 8 de febreiro do 2014. Nestes case dous anos aínda non sabe o que é asistir ao Consello Escolar Municipal de Pontevedra. Entende que o novo mapa escolar é a cuestión máis importante que está enriba da mesa.
-¿Serven para algo os Consellos Escolares Municipais?
-Supoño que si, aínda que non fun convocado a ningún. A intención da concelleira de Educación é convocalo pronto. A finais de novembro mandamos os datos dos nosos representantes. É certo que en poucos sitios se levan con rigor, creo que Vilagarcía é un caso, noutros moitos os Consellos Escolares Municipais están de adorno.
-¿Falarase do novo mapa escolar?
-É o tema máis importante que está sobre a mesa. Nós non sabemos nada do documento no que está traballando a Xunta porque non se nos informa de nada. É como se fora unha cuestión que non afectara aos pais.
-¿Cal é a proposta da Fanpa?
-Que non se pechen aulas públicas e se recuperen as perdidas este curso porque non se poden reducir na única cidade que ten crecemento vexetativo positivo. Apostamos por un mapa dinámico e non estático, como se ten que cambiar todos os anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario