mércores, 20 de xaneiro de 2016

Investigadores galegos e chilenos participan na USC nun obradoiro de matemática industrial

Investigadores da Unidade Mixta de Investigación Repsol-ITMATI e de Chile asistirán dende o 20 ao 22 de xaneiro na Facultade de Matemáticas da USC a unha xornada de matemática industrial que ten por obxecto intercambiar experiencias sobre diversas aplicacións na materia e buscar intereses comúns de investigación.  Ao longo das tres xornadas presentaranse diferentes proxectos con aplicación a problemas industriais como a planificación mineira, a programación da tripulación para transportes en tren ou a optimización das redes de gas ou as plantas industriais, entre outros.
Esta actividade, organizada polo Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e os centros chilenos AMTC e CMM, enmárcase na programación da Unidade Mixta de Investigación Repsol-ITMATI que conta co financiamento da Axencia Galega de Innovación e do Ministerio de Economía e Competitividade no marco da estratexia Española de Innovación en Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario