Esiximos a
aplicación da Lei de Emprego Público de Galiza ao persoal traballador do
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Resúltanos sorprendente como todas aquelas
normas e disposicións que restrinxen ou recortan dereitos son aplicadas
inmediatamente ao persoal do Consorcio, case sen norma de
transposición, en tanto aquelas normas que amplían ou restitúen dereitos
ao persoal das Administracións Públicas teñen que ser reclamadas unha e
outra vez polo noso sindicato para que os e as traballadores/as do
Consorcio poidan gozar en igualdade de condicións que o resto do persoal
(tal e como aconteceu cá xornada de verán).
A Lei de Emprego Público establece no seu Art. 4.b) que dentro
do seu ámbito de aplicación está o persoal dos Entes instrumentais da
Xunta de Galiza (dos que o Consorcio forma parte).
Dende que esta Lei foi aprobada no mes de maio a CIG solicitou repetidas veces dos xestores de persoal a aplicación desta norma, en especial á parte correspondente a permisos e licenzas; tendo sempre unha resposta negativa ou de silencio.
Tamén se solicitou aos responsables da Dirección Xeral de Función Pública da Xunta de Galiza que cumpriran e fixeran cumprir a lei aos entes dependentes da Administración tendo tamén a calada por resposta.
Neste momento actual de indefinición do Consorcio, no que debía de ser substituído pola Axencia Galega de Servizos Sociais o día 1 deste mes, no que os postos de responsabilidade do Consorcio están vacantes, no que o persoal segue a agardar para que as súas condicións laborais e salariais se equiparen ao resto do persoal da Administración e a calidades dos servizos aos usuarios/as se manten pola implicación e compromiso do persoal traballador non resulta de recibo seguir a negar dereitos básicos, que a propia lei recoñece ou non sentarse a negociar como se afronta este período.
Seguiremos a denunciar, con todos os nosos medios, para que se respecten os dereitos dos traballadores e das traballadoras do Consorcio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario