martes, 20 de maio de 2014

A Mesa anima a Feijóo a se sumar ''á maré humana que quere futuro'' para o galego

A MNL considera os milleiros de persoas que se manifestaron o 17M como máis un exemplo de que a sociedade demanda ''máis pasos a prol'' do idioma do país. Marcos Maceira tamén lembrou a Alonso Montero que ten a obriga de ''manterse firme con quen anda a patadas co noso idioma''.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) Marcos Maceira pediu a Núñez Feijóo que tomase nota do éxito das mobilizacións do 17 de maio a prol do idioma galego. “Un presidente que despreza a lingua da súa nación, despreza a súa nación. A lingua une, quen a nega e a persigue separa e divide”, afirmou Maceira, que animou Feijóo a  “sumarse a maré humana que mantén viva a lingua galega, que quere dignidade e futuro para o seu país e que retorne como mínimo á legalidade, á promoción e normalización da lingua galega e da identidade de Galiza.”
Resposta a Anxo Lorenzo e Alonso Montero
Respecto as declaracións do secretario xeral de Cultura, Anxo Varela, acusando á plataforma Queremos Galego de xerar un conflito que non existe, Maceiras foi contundente: “vergoñentas, propias de quen despreza a lingua e a cultura galega, mais non sorprendentes vindo de quen promoveu o decretazo que converte Galiza no único territorio onde está prohibo impartir en galego determinadas materias na lingua propia”.
E no que atinxe ás palabras de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, sobre a situación do galego, Maceira animouno a posicionarse claramente e dunha vez a favor da nosa lingua tal e como lle corresponde por encabezar unha institución que existe na medida en que existe a lingua galega. “O presidente da RAG ten a obriga institucional de manterse firme con quen anda a patadas co noso idioma”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario