venres, 9 de maio de 2014

A Lomce reproducirase o 28 de maio nunha aula do franquismo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou novas mobilizacións contra a Lomce e os recortes no ensino público. Entre as protestas, desenvolverse un acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que representa a escola do franquismo ''co obxectivo de amosar  as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se  pretende coa LOMCE''. 

A oposición á Lomce e aos recortes no ensino público non decae. E maio vai ser un mes de novas mobilizacións e protestos da comunidade escolar contra esa lei. Así o vén de anunciar a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que presentou un calendario de actos. Así, o 28 de maio haberá un acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que representa a escola do franquismo co obxectivo de "amosar as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se pretende coa LOMCE".No acto tomarán parte docentes que padeceron o ensino franquista.
Mais ese non será o único acto. A Plataforma tamén prevé que nos centros  - durante o recreo- se dea lectura a un manifesto de rexeitamento da LOMCE e os recortes. A xornada continuará con actos lúdico-reivindicativos na rúa ás sete da tarde, semellantes ao realizados noutras ocasións.
Con estes actos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público tamén quere denunciar os recortes que se van producir para o inicio do curso escolar, "con novas supresións, deficiencias nos centros, a falta de prazas -especialmente en ensino infantil de 0 a 3 anos e a formación profesional-, aulas masificadas e outras actuacións da Consellaría como a circular ás Escolas oficiais de Idiomas para que o alumnado que cursa 4º da ESO só nos centros plurilingües poida acadar o nivel  básico ou intermedio de Inglés e Francés".  

Ningún comentario:

Publicar un comentario