O convenio asinado hoxe entre a directora da AMTEGA, Mar Pereira, e os presidentes do Clústers tecnolóxico e audiovisual, Antonio Rodríguez, e Andrés Barbé, supón o punto de partida da primeira fase de Viraxe TIC, a de identificación e definición de proxectos conxuntos entre empresas de ambos sectores no ámbito dos contidos dixitais. Esta primeira etapa do programa conta cun orzamento de 300.000 euros, dos cales 270.000 euros serán achegados pola AMTEGA e o importe restante por ambos Clústers.
1ª fase: análise de oportunidades, foros e servizo de apoio
A primeira fase de Viraxe TIC abrangue tres liñas de actuación: a análise das oportunidades de negocio para o sector dos contidos dixitais; a celebración de foros de intercambio e networking entre o sector TIC e o audiovisual e a prestación de servizos de asesoramento.A elaboración dun estudo para identificar os principais ámbitos de actuación ofrecerá unha detallada análise do panorama actual do sector dos contidos dixitais ante as novas e as perspectivas do sector ante as novas tendencias e os casos de referencia.
O acordo contempla tamén a celebración de espazos abertos e foros para a colaboración, o intercambio de coñecemento e o networking entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais. En outubro celebrase un evento de posicionamento rexional de encontro entre todos os axentes do ecosistema da innovación tecnolóxica en torno ao sector de contidos dixitais, que permita promover e reforzar alianzas entre os axentes locais e expertos de recoñecido prestixio no sector a nivel internacional.
A terceira liña de actuación é a posta en marcha dun servizo de apoio e asesoramento para facilitar o desenvolvemento de grandes proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais. O obxectivo é facilitarlles ás empresas de ambos sectores que desexen abordar iniciativas conxuntas soporte para a análise da viabilidade técnica, operativa, económica e comercial do proxecto e para a identificación de referentes e casos de éxito.
2ª fase: liña de axudas de 3,7 millóns de euros
Nunha segunda fase, o Programa ViraxeTIC incentivará o desenvolvemento deses novos ou mellorados produtos, procesos e servizos identificados na primeira parte do programa para impulsar a modernización e innovación tecnolóxica no ámbito dos contidos dixitais de Galicia.Con este obxectivo está previsto o lanzamento dunha liña de axudas dotada con máis de 3,7 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e de contidos dixitais no período 2017-2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario