Máis de 180 escritores daranse cita nesta feira que se poderá visitar ata o 10 agosto
A actividade comezará este luns 1 de agosto ás 12.00 horas tras un pregón inaugural a cargo de Pinto & Chinto (David Pintor e Carlos López). A feira, que cambia de situación e se situará fronte ao Kiosko Alfonso, nos xardíns de Méndez Núñez, poderase visitar ata o día 10.
Ao longo destes dez días visitarán os stands da Feira do Libro Novo destacados autores do panorama galego e nacional, como Luz Pozo Garza (día 1, ás 20.00 horas); José Manuel Otero Lastres (día 2, ás 19.00 horas) ou Nacho Carretero (día 3, ás 19.30 horas).
A feira contará ademais cun espazo dedicado exclusivamente ao público infantil, e é que, segundo explicou Regueira, se busca "reforzar" o interese pola lectura entre os máis novos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario