luns, 9 de abril de 2012

XII Concurso de relato oral “Tíralle da Lingua”

Tíralle da Lingua é un proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de fomentar o uso oral da nosa lingua, e de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, etc.
O concurso vai destinado a tres niveis académicos: Primaria, 1º ciclo da ESO, e 2º ciclo da ESO e ensino postobrigatorio. A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 17 de abril enviando un correo electrónico a informacion@as-pg.com; no prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
A fase final celebrarase o 26 de abril en Santiago de Compostela, no IES Rosalía de Castro, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.

Bases do concurso nos webs da AS-PG e da CTNL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario