O órgano de dirección executiva da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia –vinculada á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística– vén de concederlle a aceptación provisional de adhesión ás dezanove entidades que teñen presentadas solicitudes de entrada no que vai de ano, logo da última xuntanza ordinaria do Consello de Membros que tivo lugar o pasado 22 de decembro.
Con estas novas incorporacións, a Rede de Dinamización Lingüística chegará ás 116 entidades adheridas, entre as que se atopan máis da terceira parte dos concellos galegos.
Máis información no web da SXPL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario