Esta actividade formativa insírese dentro do programa de dinamización lingüística O galego campa! destinado aos campamentos de verán. O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e facilitarlles recursos aos monitores e ás monitoras para a realización de actividades que animen a mocidade a se expresar nesta lingua.
O curso é gratuíto e inclúe aloxamento e manutención. As persoas asistentes só precisan levar un saco de durmir, útiles de aseo persoal e toalla.
Programa do curso e formulario de inscrición no web da SXPL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario