O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o novo número 13 da coñecida revista de investigación fraseolóxica que se edita desde o ano 2000: Cadernos de Fraseoloxía Galega. Valentín García puxo de manifesto durante a súa intervención que “a fraseoloxía está na cerna da lingua” e que “se a autenticidade da lingua que falamos depende en boa medida do dominio que mostremos da súa fraseoloxía, o seu estudo e análise, así como a súa divulgación, resultan fundamentais para mantermos a calidade do idioma”, de aí “o significado e papel que xoga esta publicación no proceso de dignificación do galego, e as repercusións que se derivan de que estea presente en foros de prestixio e dignificados”.
Os volumes anteriores desta revista sobre fraseoloxía están accesibles en formato pdf a través do web institucional do CRPIH (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades).
Máis información no web da SXPL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario