Recentemente a asociación Trasno publicou unha varias extensións para o navegador Firefox que permiten consultar o novo Dicionario da Real Academia Galega (DRAG), o Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG) e diversos recursos terminográficos do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. Estas extensións foron realizada por Antón Méixome. No web de Trasno explícase detalladamente como instalar estes motores de busca.
Tamén desde a rede social galega Cabozo acaban de publicar unha extensión para o navegador Chrome (tamén compatible con Chromium) que, ademais de integrar o dicionario da RAG no navegador, permite facer traducións de textos de calquera web ao galego mediante a simple selección do parágrafo interesado.
Información tirada do web de Ciberirmandade da Fala.
Web para a descarga dos complementos para Firefox.
Web para a descarga da extensión para Chrome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario