Do 27 de setembro ao 1 de outubro en Pontevedra terá lugar a I edición do Tek-Fest, un evento sobre a cultura dixital que reflexionará sobre “a cidade do futuro” a través de tecnoloxías emerxentes como a realidade virtual ou a cartografía dixital urbana
O Tek-Fest,
I Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes que se celebrará en
Pontevedra a finais de setembro, vén de desvelar a súa programación e de
abrir as convocatorias e inscricións a todas as persoas que queiran
participar. Durante 5 días a cidade do Lérez acollerá profesionais e
expertos recoñecidos a nivel internacional que compartirán o seu
coñecemento sobre a realidade virtual, o ‘big data’ e a cartografía
urbana, a artesanía dixital ou a comunicación inmersiva nas redes
sociais, ao tempo que reflexionarán sobre os escenarios de futuro que
nos presenta a vida urbana no século XXI.
O programa componse de dous obradoiros de 12 horas que se celebrarán simultaneamente durante 3 días, do 27 ao 29 de setembro. O primeiro deles titúlase “VR 360: Audio, Video & Programming” e pretende introducir os partipantes na captura e edición de imaxe inmersiva en 360º, tanto para fotografía como para vídeo, así como no audio binaural, fundamental para lograr unha experiencia inmersiva, e nas ferramentas de software que permiten introducir elementos de interacción na realidade virtual. Estará impartido por Antonio Víctor García-Serrano (Zakato), un dos mellores camarógrafos 360 a nivel mundial, e polo estudio Bermudas Land, pioneiros da VR no Estado.
O segundo obradoiro leva por título “Carto: Location Intellingence” e estará impartido por Javier Noguerol, responsábel de intelixencia de produto de Carto, unha empresa con sede en Madrid que é das máis destacadas internacionalmente na análise e visualización de datos xeolocalizados. Neste obradoiro os asistentes poderán aprender en que consiste a análise de datos xeoespacial e cómo as cidades máis innovadoras do mundo o están a usar para mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. Tamén aprenderán de forma práctica a facer esta análise de datos no seu propio contorno usando Builder, unha ferramenta de ‘location intelligence’ para non programadores.
A cidade dixital
“Escenarios de futuro: da metrópole á cidade dixital” é o título do relatorio que abrirá o simposio do Tek-Fest o 30 de setembro a cargo do filósofo Pedro Medina e o deseñador Javier Maseda, do estudio Sopalmo, que reflexionarán sobre a evolución histórica da noción de cidade e como a tecnoloxía dixital proxecta o seu futuro. Logo intervirá a deseñadora Isabel Berz, unha das maiores innovadoras do mundo na fusión de moda, tecnoloxía e proxectos sociais, que falará sobre “A nova educación: cara a un novo modelo baseado na innovación e na investigación”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario