martes, 15 de xaneiro de 2013

Programa xuvenil europeo.


People of the sea

Intercambio con 15+1 chipriotas con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 8 días nas instalacións da Cidade Príncipe Felipe de Pontevedra.
O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaremos as actividades. As principais actividades so a búsqueda e solución de desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos "environment", a música (djembé), así como compartir experiencias e tradicións de cada país. Así deberán convivir tendo como lingua vehicular o inglés, xunto con 2 titores, un de Chipre e outro de Galicia.
  • Dimensión de aprendizaxe: a mocidade participante aprenderá sobre desemprego, reciclaxe e música.
  • Dimensión intercultural: a mocidade participante aprenderá de ambas culturas.
  • Dimensión europea: reflexionaremos sobre o concepto de cidadanía europea onde todas as persoas compartimos oportunidades e responsabilidades para facer que Europa sexa un lugar mejor

Datas: do 10 ao 18 de febreiro de 2013
Lugar: Cidade Príncipe Felipe
Destinatarios/as: mozos e mozas de 17 ata 30 anos.
Prazas: 15
Duración: 8 días.
Cota de Inscrición: 20 € (inclúe 8 días de aloxamento + pensión completa)

Pre-inscrición presencial ata o 25 de xaneiro.
Información e Inscricións: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra. Casa Azul r/ Sor Lucia 2-3º. tel.  986 84 03 67 ou  652 809 080 xuventude@pontevedra.eu

Ningún comentario:

Publicar un comentario