INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 30 de xaneiro de 2013
Bota a andar o Taboleiro do Libro Galego, un proxecto que achegará unha listaxe semanal das obras máis vendidas en lingua galega
Desde o coñecido blog Caderno da Crítica, o profesor e tradutor Ramón Nicolás botou a andar esta fin de semana o Taboleiro do Libro Galego, no que se achegará unha listaxe semanal das obras máis vendidas nas nosas letras atendendo ás categorías de Narrativa, Poesía, Ensaio-Teatro, Literatura Infantil e Xuvenil, Banda Deseñada e mais Álbum Ilustrado.
Un total de 12 librarías de diferentes localidades do país achegan os datos para elaborar estas listaxes, que abren con As voces baixas, de Manuel Rivas como a obra de narrativa máis vendida dos últimos sete libros, e Ardalén, de Miguelanxo Prado, a encabezar as vendas de banda deseñada.
Información tirada de culturagalega.org.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario