Galicia sairá de novo á rúa este domingo polo galego. E farao para reclamar a presenza da lingua propia na escola, para mostrar oo seu rexeitamento á lei Wert e pola dignidade dun idioma que segue a sufrir o seu desmantelamento, tamén no plano económico. Queremos Galego chama á cidadanía a encher as rúas de Santiago, mentres os datos seguen a descubrir as penurias da política lingüística da Xunta.
Tal e como se tira dunha análise dos Orzamentos do Goberno galego para 2013, e como lembrou a Coordinadora de Técnicos de Normalización Lingüística (CTNL), a Xunta dedica á lingua galega tan só un terzo do que lle dedicou o Executivo de Manuel Fraga hai vinte anos. Os orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) neste ano non chegan aos 6 millóns, fronte aos 17,2 de 1993.
Pero se facemos unha análise comparativa dos orzamentos da SXPL, as prioridades quedan claras. O orzamento de Política Lingüística en 2013 só aumenta as partidas para o ensino privado e para as destinadas a recursos de fóra do país respecto ás de 2012. Así, tan só se incrementan as transferencias a centros e universidades privadas, ademais dos cartos destinados ao ensino superior de fóra de Galicia e ás bolsas no lectorado, como se pode comprobar no seguinte cadro.
Comparativa Orzamentos da SXPL 2012-2013 (en euros)
Obxecto 2012 2013 Diferenza
Transferencias correntes ás corporacións locais 520.000 400.000 -120.000
Subvencións a empresas editoras 300.000 250.000 - 50.000
Subvencións equipos de normalización 50.700 0 -50.700
Bolsas de investigación nos proxectos do Ramón Piñeiro 211.140 185.696 -25.444
Bolsas nos lectorados de lingua galega 1 66.000 196.439 +30.439
Accións de promoción da lingua galega (fundacións) 200.000 75.836 -124.164
Publicacións 100.000 50.000 -50.000
Campañas de normalización lingüística 2.567.014 1.322.256 -1.244.758
Estudos e traballos de investigación 671.614 481.614 -190.000
Cursos e actividades de formación 1.000.000 710.000 -290.000
Proxectos de fomento e formación de centros non universitarios 400.000 300.000 -100.000
Convenios con medios de comunicación 800.000 700.000 -100.000
Outros convenios 220.107 220.107
Formación de persoal e normalización lingüística dos concellos 40.000 0 -40.000
Transferencias a universidades privadas 19.488 32.480 +12.992
Transferencias e centros educativos privados para equipos de dinamización 30.700 +30.700
Transferencia á Real Academia Galega 135.390 52.390 -83.000
Transferencia á Fundación Galicia-América 10.000 8.000 -2.000
Transferencia a universidades do resto de España 157.330 220.330 +63.000
Creación de lectorados e centros de estudos galegos no estranxeiro 378.529 298.653 -79.876
Se reparamos na táboa, obsérvase que só hai catro partidos da SXPL que aumentan o seu orzamento. Os cartos dedicados ás bolsas nos lectorados de lingua galega pasan dos 166.000 euros de 2012 aos 196.439 de 2012, o que supoñen 30.439 euros máis. Tamén soben as transferencias a universidades privadas -en Galicia non as hai-, que pasan de 19.488 euros a 32.480 (+12.992) e as dedicadas a universidades do resto de España, de157.330 euros a 220.330 (+63.000). Ademais, apróbase unha nova partida de transferencias a centros educativos privados para equipos de dinamización, na que se inclúen 30.700 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario