xoves, 31 de xaneiro de 2013

Maré de reaccións contra o recurso da Xunta ao Supremo para salvar o decreto de plurilinguismo

Organizacións políticas, sindicais ou cidadás amosan o seu rexeitamento á decisión da Xunta de presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo para intentar enmendar o lapote que lle deu o TSXG ao seu decreto de 'pulrilingüismo'

O domingo, milleiros de galeg@s encheron as rúas de Compostela en defensa do galego. 48 despois, a Consellería de Educación informaba que se personaba diante do Tribunal Supremo co fin de presentar o recurso de casación contra as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza galego arredor do decreto do plurilingüísmo. A respostaretadora do goberno autonómico ao clamor social que defendía o galego na mobilización da capital de Galiza.
Diferentes entidades e organizacións están a amosar o seu rexeitamento contra esta decisión da Xunta. Desde A Mesa afirman que "é o primeiro goberno autonómico do Estado que recorre aos tribunais para que o seu idioma propio estea máis desprotexido". Para o seu presidente, Carlos Callón, “insulta a intelixencia de calquera que nos digan que gañaron as sentenzas e que, ao mesmo tempo, as van recorrer”.

Galegofobia.

Desde a CIG-Ensino denuncian "a galegofobia da Xunta", que vai provocar un "gasto importante para recorrer as sentenzas do TSXG por ampararen o noso idioma". O sindicato nacionalista considera que "o Partido Popular emprendeu desde o primeiro día unha cruzada contra o noso idioma, procurando a súa desaparición das aulas, privando así o alumnado do dereito a ser escolarizado na súa lingua propia, e procurando que deste xeito a nosa lingua deixe de ser falada entre as e os máis novos".
Mentres, o AGE considera que "a belixerancia da Xunta de Alberto Núñez Feijóo contra a lingua galega non parece coñecer límites", engadindo que "o Executivo de Feijóo, a través do brazo executor do conselleiro Vázquez, pasará á historia como lingüicida".
Tamén desde Compromiso por Galicia mostraron o seu rexeitamento ao recurso. e consideran que con esta decisión "Feijóo maltrata á língua e á xustiza galega".









Ningún comentario:

Publicar un comentario