AVISO: convocatoria de cursos de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 para o ano 2013
No DOG núm. 4, do luns 7 de xaneiro de 2013 publícase a convocatoria para os cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para adultos e colectivos de Galicia. Todos os cursos (70 horas lectivas) e os exames están programados para antes do verán.
O día 25 de xaneiro de 2013 finaliza o prazo de solicitude, particular ou colectiva, dos cursos. As solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia (Campolongo), ou en calquera das dependencias ás que se refire a Lei 30/1992 (art. 38.4º). Os modelos de solicitude son os anexos I (para particulares) e II (para colectivos) da orde publicada no DOG (envíase no arquivo xunto).
Cursos Celga programados en Pontevedra:
Celga 1 | Celga 2 | Celga 3 | Celga 4 |
Código: CL1201336000001
Lugar: Edificio Xunta (rúa Fernández Ladreda, 43 P) baixa
Datas: 18.3.2013 ao 30.5.2013
Horario: 17.00-19.30
Días: luns a xoves
|
Código: CL2201336000002
Lugar: Edificio Xunta (rúa Fernández Ladreda, 43 P)
Datas: 18.3.2013 ao 30.5.2013
Horario: 10.00-12.30
Días: luns a xoves
|
Código: CL3201336000003
Lugar: Escola Oficial de Idiomas rúa: Celso E. Ferreiro, s/n
Datas: 5.3.2013 ao 21.5.2013
Horario: 9.00-12.00
Días: martes e venres
|
Código: CL4201336000004
Lugar: EOI
Rúa: Celso E. Ferreiro, s/n
Datas: 5.3.2013 ao 21.5.2013
Horario: 9.00-12.00
Días: martes e venres
|
Código: CL2201336000005
Lugar: Edificio Xunta (rúa Fernández Ladreda, 43 P)
Datas: 18.3.2013 ao 30.5.2013
Horario: 16.00-18.30
Días: luns a xoves
|
Código: CL3201336000006
Lugar: EOI
Rúa: Celso E. Ferreiro, s/n
Datas: 5.3.2013 ao 23.5.2013
Horarios:
martes:18.30-20.30
mércores: 20.00-21.30
xoves: 18.30-21.00
|
Código: CL4201336000007
Lugar: Edificio Xunta (rúa Fernández Ladreda, 43 P)
Datas: 18.3.2013 ao 30.5.2013
Horario: 10.00-12.30
Días: luns a xoves
| |
Código: CL4201336000008
Lugar: Edificio Xunta (rúa Fernández Ladreda, 43 P)
Datas: 18.3.2013 ao 30.5.2013
Horario: 18.30-21.00
Días: luns a xoves
|
Ademais destes cursos programados, os colectivos, asociacións e entidades que o desexen poderán organizar cursos Celga. Canda a solicitude deberán achegar unha listaxe cun mínimo de 20 persoas preinscritas. Ademais, o colectivo deberá dispoñer dun local convenientemente equipado para a impartición do curso. Poderanse priorizar solicitudes de colectivos que organicen cursos dirixidos a grupos determinados con especificidades especiais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario