INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 30 de xaneiro de 2013
Pecha o último diario impreso en lingua galega
A compañía de Lugo pecha a edición diaria en papel de De Luns a Venres (LV), o último medio impreso a diario en galego. A empresa promete que o cambio non suporá a desaparición da información diaria, que di se reforzará a través da súa páxina web. Tamén promete que a nova publicación semanal aumentará as páxinas e a tirada, mantendo a aposta polo idioma galego.
Pola súa banda, o Colexio de Xornalistas reaccionou xa ao peche de LV. Na súa opinión a desaparición de LV non obedece á falta de receptividade e apoio dos lectores, xa que, segundo asegura o propio medio no seu derradeiro número, "pechou o ano 2012 como o xornal de maior crecemento da prensa de Galicia, segundo o Estudio General de Medios (EGM), cun 34,29% de suba, que lle permitiu acadar os 38.000 lectores". Outros 7000 recibían o xornal a diario nos seus correos electrónicos.
Máis información en Galicia Confidencial.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario