venres, 13 de xaneiro de 2012

Xa se pode descargar o Firefox 9.0 en galego

Logo da presentación oficial do navegador web Firefox 9.0, xa é posible descargar dos servidores da Fundación Mozilla as distintas versións desta aplicación, que incluso podemos descargar en galego para Windows, Mac OS X e Linux.
Entre as novidades da versión 9.0 do Firefox figuran a incorporación de Type Inference no motor Javascript, o que supón unha mellora de velocidade de entre o 20 e o 30%, mellorar o soporte de HTML5, MathML e CSS, arranxar numerosos problemas de estabilidade, engadir o soporte da propiedade CSS font-stretch e mellorar a súa integración con Mac OS X 10.7 Lion (como soportar xestos con 2 dedos para navegar entre as páxinas anterior e seguinte).

Máis información en:
http://www.codigocero.com/Xa-podemos-descargar-o-Firefox-9-0

Ningún comentario:

Publicar un comentario