venres, 13 de xaneiro de 2012

Un grupo de educación infantil gañou o concurso de presentacións electrónicas de Nadal

O traballo dun grupo de educación infantil acadou o primeiro premio do concurso de presentacións de Nadal 2011 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os alumnos e as alumnas de sexto curso de infantil do CEIP da Castellana, en Aranga (A Coruña), e a súa profesora, Alba María Fernández Castedo, participaron no certame cunha obra que convida a felicitar estas festas en galego.
O segundo premio do concurso recaeu na presentación de Ana Martínez Rey, mentres que o xurado decidiu outorgar un terceiro premio compartido para os traballos do Colexio de Educación Especial A Barcia e do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, presentados polas profesoras Rita Nogueira Cartelle e Beatriz López Martín, respectivamente.
As presentacións gañadoras recibiron cadanseu lote de produtos de lecer en galego. Ademais, a secretaría xeral creou unha galería de presentacións a partir dunha selección de todos os traballos presentados ao concurso, que tamén estará dispoñible na rede.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2103
http://www.xunta.es/linguagalega/concurso_de_presentacions_electronicas_de_nadal

Ningún comentario:

Publicar un comentario