O novo responsable de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez, é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e, ata o momento, era técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada (Pontevedra), onde dirixía o departamento de Cultura, Normalización Lingüística e Xuventude. Foi tamén coordinador técnico da Rede de Dinamización Lingüística.
A Xunta tamén destaca que presidiu a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e colaborou na elaboración do Plan xeral de normalización da lingua. Ademais, foi secretario da Fundación Xosé Neira Vilas e da Fundación Castelao e publicou artigos e estudos sobre a necesidade de políticas lingüísticas adaptadas á realidade social de Galicia.
Máis información na páxina 12 do resumo do Consello da Xunta do 12 de xaneiro de 2012.
Ningún comentario:
Publicar un comentario