luns, 23 de xaneiro de 2012

Nomeamentos na RAG e preparación de actos polo 50 aniversario das Letras Galegas

A Real Academia Galega (RAG) prepara un amplo programa de actividades, no que se inclúen publicacións e actos musicais por toda Galicia, para conmemorar os 50 anos da celebración das Letras Galegas, edición na que será homenaxeado Valentín Paz Andrade.
Así mesmo, o plenario acordou esta fin de semana nomear académicos a Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Henrique Costas González, Gonzalo Navaza Blanco e Antón Palacio Sánchez, relacionados coa constitución de diferentes seccións nas que está organizada a academia e que “están chamados a desenvolver un importante traballo no ámbito da gramática, lexicografía, onomástica, a literatura e a historia”.


Máis información en
Galicia Hoxecom.

Ningún comentario:

Publicar un comentario