venres, 13 de xaneiro de 2012

Vitaminas para o galego, campaña de sensibilización sobre a importancia dos medios de comunicación en lingua galega

Dez medios de comunicación en galego uníronse para impulsar unha campaña de sensibilización sobre a necesidade de que a información na nosa lingua estea presente na TV, na prensa, na radio ou na internet.
A emisora Radiofusión e os xornais Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info, QuePasaNaCosta, Certo.gl, O Sil e Crónica3 son os dez medios que inician a campaña, a prol dos medios de comunicación en lingua propia, Vitaminas para o galego. “Os medios de comunicación que utilizan a nosa lingua son vitais se queremos asegurar o prestixio e a viabilidade do idioma para as futuras xeracións”, afirman os dez medios que inician a campaña. A iniciativa presentouse publicamente o sábado 17 de decembro do 2011 na Feira ecolóxica de Arzúa (Terractiva).
A campaña desenvolverase no primeiro semestre do 2012 e incluirá unha serie de eventos (concertos, relatorios, etc.) por toda Galicia. Busca sensibilizar a cidadanía sobre a necesidade de medios en galego e mais axudar á supervivencia dos medios na nosa lingua, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras.

Máis información en:
http://vitaminasparaogalego.blogspot.com/
http://servizonlredondela.blogaliza.org/?p=861
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=911&desc=vitaminas_para_o_galego._campana_de_sensibilizacion_de_dez_medios_de_comunicacion_en_galego

Ningún comentario:

Publicar un comentario