venres, 13 de xaneiro de 2012

Novo recurso audiovisual para difundir a fraseoloxía do galego

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago está a difundir na rede Fraseoloxía visual, un novo recurso audiovisual de carácter didáctico pensado para espallar a fraseoloxía do galego. O recurso, autoría de Manuel Bermúdez Blanco e Alba Cid Fernández, ofrécese libremente para as persoas e institucións que traballan a prol do multilingüismo e da multiculturalidade.
Pódense ver os dous vídeos elaborados ata o momento en:
http://www.youtube.com/watch?v=Isn8Iso5UF4&feature=endscreen&NR=1
http://www.youtube.com/watch?v=4yNyxxro7BE&feature=related

Ningún comentario:

Publicar un comentario