A plataforma GalegoLab, dirixida a empregar a rede para a normalización da lingua galega, desenvolveu catorce proxectos grazas ao traballo dos membros da comunidade en liña: en total, 1015 internautas. En total, foron catorce proxectos os desenvolvidos a raíz de GalegoLab, proxectos que teñen todos en común o valor de levar o galego a onde xa non seu usa, ou onde non se usou nunca, e que se converteron en realidade grazas ao traballo, man con man, dos membros da comunidade en liña: en total, 1015 internautas a día de hoxe. No que respecta ás preiniciativas, esas propostas que comezan a camiñar e están a piques de botar a correr, a plataforma ten arestora un total de 34 ideas a prol do galego.
A súa ferramenta principal é a web GalegoLab (http://galegolab.org/), unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e ás que propoñan os usuarios e outros colectivos. A web está en marcha dende o 20 de maio do 2010. O pasado 14 de setembro recibiu o primeiro premio da Secretaría Xeral de Modernización ao desenvolvemento de contidos en internet na categoría de Promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas.
Máis información en:
http://codigocero.com/GalegoLab-pecha-ano-con-34-ideas-a
Ningún comentario:
Publicar un comentario