venres, 13 de xaneiro de 2012

A Universidade da Coruña presentou o Dicionario de química

O Servizo de Publicacións e o Servizo de Normalización da Universidade da Coruña acaban de publicar o Dicionario de química da autoría de Ramón Vilalta, Juan José Guillín Fraga e Antonio Varela Caamaño.
O novo dicionario, de máis de 400 páxinas, contou co asesoramento lingüístico e terminolóxico do SNL e dispón de máis de 7000 termos con cadansúa definición, ademais de apéndices con información complementaria de interese (táboa periódica, glosario plurilingüe galego-castelán-inglés-portugués, escolma gráfica de material de laboratorio, etc.).
Os tres autores deste volume xa publicaran no ano 2005 un dicionario de física en lingua galega, de modo que con este segundo dicionario cobren novamente un baleiro importante na terminografía galega no ámbito das ciencias experimentais.

Máis información en:
http://www.udc.es/snl/dicionario_quimica.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario